CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os 'Larpeiros' degustarán esta semana unhas verdinas con congro e mexillóns e un biscoito de castañas

04/12/2018

Os espectadores descubrirán todos os segredos do cultivo do molusco nas bateas

Os 'Larpeiros' degustarán esta semana unhas verdinas con congro e mexillóns e un biscoito de castañas

Santiago, 04.12.2018.- Os “Larpeiros” da TVG manterán hoxe unha animada conversa sobre os ingredientes que nunca esquecen, como é o caso das verdinas, as súas fabas favoritas. Son coñecidas en gran parte de Galicia coma as fabas do marisco porque van moi ben con todo tipo de mariscos e de peixes. A verdade é que se poden combinar con moitas cousas e todas dan un resultado moi boi: con chourizo, con ameixas, con mexillóns... Ata con cachucha e orella se teñen feito na casa dos “Larpeiros” e sempre foron un éxito absoluto.

Benigno Campos, que é un grande admirador das verdinas, non vai deixar pasar a oportunidade de facerlles unha homenaxe como mandan os libros. Para iso, pensa preparar unha receita que fará as delicias dos seus compañeiros: verdinas con congro e mexillóns, un auténtico prato de festa. A sobremesa correrá, como é habitual, a cargo de Merchi e Leni, que se animarán cun biscoito de castañas.

Pola súa parte, Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, irá desta volta ata Cambados, onde, da man de Óscar, coñecerá todos os segredos do cultivo dos mexillóns nas baetas. Terá que traballar como un mariñeiro máis se quere levarlles ao resto dos comensais uns mexillóns á altura da ocasión.