CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os "Larpeiros" apostan por combinacións orixinais e moi saborosas, como unhas fabas con grelos e mexillóns

15/05/2018

A cociñeira convidada de hoxe, Celia Cabrera, e Leni elaborarán, ademais, unhas sopas de cabalo cansado e chocolate

Os "Larpeiros" apostan por combinacións orixinais e moi saborosas, como unhas fabas con grelos e mexillóns

Santiago, 15.05.2018.-  Os “Larpeiros” (22.10 h) manteñen hoxe no almorzo unha animada conversa sobre os pratos que saen de facer combinacións novas de cousas. As lentellas con coello ou as fabas con cigalas, por exemplo, son mesturas pouco habituais, pero que quedan de marabilla. En xeral, os legumes e as verduras son unha auténtica mina á hora de facer combinacións con marisco, con polo ou con carnes de porco...

Benigno Campos non pensa deixar pasar a oportunidade de cociñar algo mesturando cousas ricas de comer que dean un resultado moi orixinal. Para isto, proporá unha receita que non deixará ningún larpeiro indiferente: fabas con grelos e mexillóns, un auténtico prato de festa e ben orixinal.

Pola súa parte, Adrián, o Larpeiro “máis teimudo”, irá voando ata O Rosal, na provincia de Pontevedra. Alí, da man de Carmela, descubrirá como se fan unhas conservas de grelos que xa contan con milleiros de fans polo mundo enteiro.

De volta na casa, a festa vai ser completa coas sopas de cabalo cansado e chocolate coas que a cociñeira convidada Celia Cabrera e Leni agasallarán o resto dos “larpeiros”.