CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

"Inimitables" emocionará cunha selección das mellores cancións de amor de todos os tempos

10/08/2018

Interpretaranse temas que lembran fragmentos das nosas vidas e conseguen cativar especialmente, porque conectan dunha maneira especial coa fibra sensible
 

"Inimitables" emocionará cunha selección das mellores cancións de amor de todos os tempos

Santiago, 10.08.2018.- Tras a destacada estrea de temporada de “Inimitables” (22.30 h.), en que o programa foi líder durante a súa emisión e do ‘prime time’ cun 15,6% de cota de pantalla, o equipo do programa acode este venres repleto de entusiasmo e cunhas propostas musicais que emocionarán a audiencia da Galega. Inspirados polo lema “O amor da miña vida”, os artistas de “Inimitables” terán que interpretar as mellores e máis coñecidas cancións de amor.

As que lembran fragmentos das nosas vidas e conseguen cativar especialmente, porque conectan dunha maneira especial coa fibra sensible. Temas de antes e de agora, dende A Roda ata Marc Anthony, pasando polo Quen Poidera Namorala ou Por que me habrás besado de Juan Pardo e Rocío Jurado. Son cancións de amor “Inimitables”, que interpretarán os músicos tamén, máis inimitables de Galicia.

Presentado por Arturo Fernández, “Inimitables” conta cunha selección de intérpretes encargados de expoñer os seus mellores temas, pero sempre cun fío temático. Neste senso, as mellores bandas de orquestras, grupos de música tradicional, formacións pop, cantautores, coros e charangas, percorren Galicia coa súa música. As orquestras están nunha sala de festas da Coruña, os grupos pop e de música tradicional na adega Lagar de Pintos en Ribadumia e os coros e charangas cantan no museo do Coiro en Allariz.

O cartel de “Inimitables” abrangue o mellor da música en Galicia: Sés, Combo Dominicano, Andrés Suárez, Eladio y los Seres Queridos, Treixadura, De Vacas, a orquestra Olympus, A Roda, a Compañía do Ruído, o coro Coda a Mekánika Rolling Band, a Gallaecia Big Band, Habelas Hainas, o coro Acorde Secreto ou Sisters In The House, entre outros.