CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os informativos da TVG, os programas máis vistos no que vai de semana

22/05/2019

O ‘Telexornal mediodía’ foi o máis seguido o luns, cunha cota de pantalla do 23,3%, mentres que o ‘Galicia noticias’ foi líder o martes, cun 27,1% de share

672.000 telespectadores viron os espazos informativos da televisión pública estes dous días

 

Os informativos da TVG, os programas máis vistos no que vai de semana

Santiago, 22.05.2019.-   Os programas informativos da TVG son os máis vistos no que vai de semana, cunha audiencia total de 672.000 telespectadores, o que supón o 25,7 % dos galegos de catro ou máis anos.

Onte, martes, o máis visto en Galicia foi o ‘Galicia noticias’, que con 144.000 telespectadores e unha cota de pantalla do 27,1% superou a ‘Supervivientes’, que se colocou segundo cunha audiencia de 140.000 espectadores. Este informativo, que narra a actualidade galega de proximidade, contou durante a súa emisión cunha audiencia total de 212.000 espectadores e chegou a picos de cota de ata o 31,1 %. Tamén o martes, o segundo informativo máis visto foi o ‘Telexornal 1’ das 14.30 h., que durante a súa emisión contou cunha audiencia total de 219.000 espectadores, cunha cota do 20,4 %.

Este mesmo informativo, o ‘Telexornal 1’ das 14.30 h., foi o programa máis visto este luns en Galicia, cunha audiencia media de 171.000 telespectadores e unha cota de pantalla do 23,3%, superando a programas como ‘Pasapalabra’ ou os informativos de Telecinco das 21.00 h. Durante a súa emisión contou cunha audiencia total de 241.000 espectadores.