CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os fogóns do 'Estache Bo' encéndense de novo na TVG

05/09/2022

Iván Mariñas regresa á cociña cun cambio de imaxe, pero coa receita de sempre, a tradición, mentres que a ‘veciña’ Isa Villanueva descubriralle á audiencia a gastronomía propia de cada comarca galega

Os fogóns do 'Estache Bo' encéndense de novo na TVG

Santiago, 05.09.2022.-     O equipo do ‘Estache Bo’ xa ten todos os ingredientes preparados para darlle este luns a benvida á súa sétima temporada. O cociñeiro coruñés Iván Mariñas, que tiña os espectadores acostumados a boas receitas, sorprenderá con novos pratos de sinxela elaboración e cargados de sabor.

Pero Iván non estará só. A veciña, Isa Villanueva, achegará as súas propias ideas, ademais de ter un apartado propio onde os espectadores lle farán chegar as súas dúbidas culinarias. Percorrerá Galicia para descubrirlle á audiencia a gastronomía propia de cada comarca e para traer á cociña do programa os diferentes pratos e sobremesas, típicas ou únicas, dos concellos galegos que visitará cada semana.

Todo isto irá adobado coa aclaración de varios especialistas que despexarán moitas dúbidas arredor dos múltiples mitos galegos relacionados cos alimentos.