CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os espectadores de `Vivan as Tardes!´ coñecerán a historia de Sissi, que, a pesar de ser invidente, adoptou unha nena xorda e cega

05/12/2017

Ademais, o programa (17.25 h.) presentará a historia dunha parella que renegaba do amor e ofrecerá a actuación da Banda da Balbina

Os espectadores de `Vivan as Tardes!´ coñecerán a historia de Sissi, que, a pesar de ser invidente, adoptou unha nena xorda e cega

Santiago, 06.12.2017.-   Os espectadores de ‘Vivan as Tardes’, o magazine da Televisión de Galicia, coñecerán a historia de Sissi, que a pesar de ser invidente, adoptou a Sofía, unha nena dominicana, xorda e cega. Para ela, cada minuto da súa vida é un agasallo. Ambas as dúas visitarán o programa acompañadas dun can guía.

Ademais, Olga conversará coas presentadores Pili Pampín e Yolanda Vázquez. Ela defínese como unha ‘viúva sen loito’, xa que José, o seu marido, é un parrandeiro que non para na casa. Os espectadores saberán esta tarde se é feliz ou non. O programa tamén contará coa visita do seu fillo Francisco, que viviu esta situación na casa.

Por outra parte, os espectadores coñecerán a historia de Mónica e Manolo, que renegaban do amor. El estaba separado e ela vivira a separación dos pais, pero coñecéronse e déronse unha oportunidade. O programa rematará con música a ritmo festeiro e ironía coa Banda da Balbina, que hoxe interpretan ‘O marco’, un tema moi galego, como o todo o deles.