CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os espectadores de 'Cos pés na terra' descubrirán os segredos dunha nova arte: facer esculturas con motoserra

22/02/2021

Ademais, o programa compartirá unha xornada de traballo cunha viticultora e un cabreiro

Os espectadores de 'Cos pés na terra' descubrirán os segredos dunha nova arte: facer esculturas con motoserra

Santiago, 22.02.2021.-   Na nova entrega de ‘Cos pés na terra’ (22.25 h) que a TVG ofrece hoxe van facer esculturas… con motoserra. Os espectadores coñecerán a Marcos, especialista nesta modalidade, que vai amosar ao detalle os segredos da súa arte.

O programa tamén ten esta semana unha cita con Vanesa, viticultora nova e sobradamente preparada, que agarda nun viñedo ao que non lle faltan nin as uvas de albariño nin as vistas impresionantes.

Ademais, o equipo de ‘Cos pés na terra’ compartirá unha xornada con Isaías, cabreiro de profesión e de corazón, a quen que os días no monte lle dan pra moito: para darlle ao WhatsApp, para xantar e mesmo para botarlle unha peza.