CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os espazos naturais e monumentais da Costa da Morte veranse en ‘Un País en 360’ máis espectaculares ca nunca

13/01/2020

Estíbaliz Veiga fará hoxe trail running polos cantís do Roncudo, visitará o Museo Man de Camelle e sobrevoará en dron Monte Branco, entre outros lugares

Os espazos naturais e monumentais da Costa da Morte veranse en ‘Un País en 360’ máis espectaculares ca nunca

Santiago, 13.01.2019.-  Estíbaliz Veiga ponse á fronte dunha nova edición de ‘Un País en 360’ (23.30 h) para percorrer a Costa da Morte e amosar a riqueza dos espazos naturais e monumentais desta zona galega, desde unha óptica ben diferente. Acompañada por cámaras de 360 graos, este programa innovador da Televisión de Galicia proporalles aos espectadores un paseo polos lugares máis representativos de Camariñas, Camelle, Zas, Malpica, Corme, Vimianzo, Carballo, Fisterra e Ponteceso, xunto a imaxes esféricas, efectos little planet ou selfies tipo ‘Matrix’ e ángulos nunca vistos, interactuar e elixir o plano que queiran ver.

Nesta visita á Costa da Morte, Estíbaliz Veiga fará trail running polos cantís do Roncudo, achegarase en bici ata Cabo Vilán e percorrerá as rúas de Carballo para coñecer a súa arte urbana. Tamén visitará o Museo Man de Camelle e o castelo de Vimianzo. Ademais, acudirá a ermida de San Adrián de Malpica e sobrevoará en dron Monte Branco para lembrar a Pondal, o bardo destas terras.