CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os escritores Manuel Lourenzo e Jorge Emilio Bóveda, este sábado no 'Chamando á Terra' da Radio Galega

09/02/2018

As colaboradoras do espazo Alba Cid e Malores Villanueva recomendarán varias obras de poesía e unha novela islandesa traducida ao galego, respectivamente

Os escritores Manuel Lourenzo e Jorge Emilio Bóveda, este sábado no 'Chamando á Terra' da Radio Galega

Santiago, 09.02.2018.-  Un dos máis grandes autores teatrais do país estará este sábado, ás 15.00 horas, no 'Chamando á Terra' da Radio Galega. Así, Manuel Lourenzo conversará con María Solar sobre 'Suite Artabria', premio Álvaro Cunqueiro.

Outra conversa destacada nesta edición será co escritor Jorge Emilio Bóveda, que acaba de publicar 'As sete mortes de Leopoldo Pardo'.

Relacionado coa poesía, a colaboradora Alba Cid achegará 'Diario de Crosses Green', de Martín Veiga, na colección Tambo de Kalandraka, e 'Soño e vértice', de Eva Veiga. E, Malores Villanueva contará as súas impresións sobre 'O rapaz que nunca existiu', do islandés Sjón, coa tradución ao galego de Elías Portela.