CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os cultivos, as cabras e os xogos populares, protagonistas das tres historias que “Cos Pés na Terra” ofrece esta noite

15/05/2018

O espazo reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma

Os cultivos, as cabras e os xogos populares, protagonistas das tres historias que  “Cos Pés na Terra” ofrece esta noite

Santiago, 15.05.2018.- “Cos Pés na Terra” (22.55 h.), o espazo da Televisión de Galicia dedicado a contar a historia daquelas persoas que deciden buscar no campo e a natureza o seu xeito de vida, traeralles tres novas historias aos espectadores da canle pública nesta entrega.
 
Yago intentará atraer os espectadores ata o lado luminoso dos cultivos, aprenderalles a ver a través deles e, xa de paso, a comelos do mellor xeito posible. Ademais, na compaña de César e Ambrosio, aprenderán o ben que se está facendo xogar os demais.

Para facer o cabra un pouco non hai máis que pisar a mesma terra que pisa Miguel xunto coa súa manda de animais, unha historia que non estará libre de peripecias nin de sorpresas en forma de cabritiño.