CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os accidentes no rural, o caso Asunta e o crime do Umia ocupan o tempo do "Galicia 112" esta semana

28/05/2014

O programa, que presenta Beatriz Pino en directo na TVG, ofrecerá datos novos e contrastados sobre estes temas (22.25 horas)

Os accidentes no rural, o caso Asunta e o crime do Umia ocupan o tempo do "Galicia 112" esta semana

Santiago, 28.05.2014.- “Galicia 112” (22.25 horas) falará esta semana dos accidentes no rural. Durante a última década, as cifras oficiais de sinistros laborais con tractor en Galicia ascenden a unha ducia de mortos e uns 200 feridos graves, pero a realidade é outra, xa que entre o 80 e o 90% dos accidentados non aparecen nas estatísticas porque as vítimas non están en réxime agrario. O programa ofrecerá esta noite datos de mortes causadas por accidentes de tractor, perfil das vítimas, cuestións e requirimentos para ter e empregar un tractor, imprudencias, a ITV destes vehículos, os accidentes máis habituais, e a realidade destes sucesos no rural. 

Un mércores máis, o espazo que presenta Beatriz Pino avanzará as novidades do caso Asunta, as últimas conversas entre os pais e a filla e as propias entre o matrimonio.  

O programa “Galicia 112” reconstruirá amais nesta edición o crime do Umia, acontecido en xullo do ano 2011. O corpo sen vida dun mozo aparecía no encoro do río Umia. No lugar do crime apenas se atopa nada que poida axudar á investigación, o único claro é que hai evidencias dunha morte violenta… Un crime sen resolver? A irmá do home asasinado, Sara Monteagudo, estará no programa para falar do caso.