CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O "Vivir Aquí" desta semana xirará en torno ao Entroido galego e as cousas únicas que só se poden ver na nosa terra

12/02/2018

O programa (23.25 h.) mostrará todos os detalles desta celebración en Galicia, destacando as festividades e tradicións máis singulares da nosa terra que non se poden ver en ningún outro lugar do mundo

O "Vivir Aquí" desta semana xirará en torno ao Entroido galego e as cousas únicas que só se poden ver na nosa terra

Santiago, 12.02.2018.-    Como non podería ser doutro xeito, o “Vivir Aquí” de hoxe terá o Entroido coma o protagonista absoluto. O programa mostrará todos os detalles desta celebración en Galicia, destacando as festividades e tradicións máis singulares da nosa terra que non se poden ver en ningún outro lugar do mundo.

Desde os multitudinarios desfiles brasileiros, pasando polas chirigotas de Cádiz, o Entroido vívese con paixón arredor de todo o mundo. Con todo, ningún se pode comparar co galego.

No progama de hoxe farase un percorrido polas tradicións galegas na chegada de Don Carnal que só se ven aquí. Así, o “Vivir Aquí” irá ata Chantada e Laza, onde as formigas e a fariña converten a festa nunha das máis divertidas.

O espazo da TVG tamén amosará os doces típicos desas datas, máis alá das tradicionais filloas. Ademais, mostraranse os traxes do Entroido máis representativos, coma son as pantallas de Xinzo ou os xenerais do Ulla.