CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O triatleta Javier Gómez Noya e o humorista Miguel Lago veñen esta noite pintar a mona ao 'Land Rober Tunai Show'

25/10/2018

Ademais, volven os Xubilados, cun convite no Palacio Real, e o 'A quen lle pasou?', coas anécdotas máis divertidas e incribles (22.20 h.)

O triatleta Javier Gómez Noya e o humorista Miguel Lago veñen esta noite pintar a mona ao 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 25.10.2018.-    O programa 'Land Rober Tunai Show' recibe este xoves recibimos o maior campión galego. O medallista olímpico e pentacampión do mundo en tríatlon Javier Gómez Noya vai ter que enfrontarse  ao maior desafío da súa carreira!

Tamén está hoxe convidado o humorista Miguel Lago, que terá un duro traballo na nova entrega dos Xubilados. Concha e Manolo irán ao Palacio Real para participar nun convite coa monarquía. A que se pode armar alí!

Ademais, o público non vai pasar desapercibido nesta entrega de 'Land Rober Tunai Show', xa que volve o 'A quen lle pasou?', coas anécdotas máis divertidas e incribles.

E como non, non faltarán os xogos e retos máis agardados da man de Roberto Vilar, Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias.