CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A segunda temporada de 'O sabor das margaridas' da TVG chega a Netflix o 18 de novembro

22/10/2020

Este thriller volve a levar a lingua galega a 180 países do mundo

 

 

 

A segunda temporada de 'O sabor das margaridas' da TVG chega a Netflix o 18 de novembro

Santiago, 22.10.2020.- A segunda temporada de ‘O sabor das margaridas’, da Televisión de Galicia, estrearase en Netflix o vindeiro 18 de novembro despois do éxito internacional que alcanzou a primeira tempada o ano pasado, cando se converteu na primeira produción en galego da plataforma de streaming e se situou enseguida entre as ficcións más seguidas en lingua no inglesa dentro do Top 10 do Reino Unido e Irlanda.

Coproducida por TVG, CTV e Comarex, ‘O sabor das margaridas’ é un thriller policial con ADN galego. Comezou a ser emitida en Televisión de Galicia en 2018 e en Netflix en 2019. Nesta segunda temporada, da que o público galego xa gozou o pasado mes de marzo na Galega, ‘O sabor das margaridas’ volve cun toque máis urbano, pero seguindo o seu xa recoñecido estilo galician noir. A segunda temporada componse por 6 capítulos de 70 minutos de duración e está dirixida por Álex Sampayo, con guión orixinal de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. O elenco fórmano actores de renome en Galicia, outros que son revelación a nivel nacional e outros emerxentes de ámbito internacional. María Mera, Santi Prego, a actriz arxentina Noelia Castaño, ademais de Rebeca Stones, Sara Sanz e David Seijo son algúns deles.

A ficción, que foi gravada entre Lugo, Santiago de Compostela e outras localizacións galegas, ten un marcado carácter policial e misterioso e desenvólvese en ambientes nocturnos e sombríos, creados para exaltar a psicoloxía dos personaxes.

A serie foi galardoada no 2019 co premio á mellor serie nos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual e recibiu neste 2020 Premio da Cultura Galega no apartado audiovisual.