CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O roubo das figuras convértese esta noite nun crebacabezas en 'A lei de Santos'

10/10/2021

Despois do intento errado de venderllas a Clemente, agora, tras da súa morte accidental, a cousa está máis complicada

O roubo das figuras convértese esta noite nun crebacabezas en 'A lei de Santos'

Santiago, 10.10.2021.-     Os seguidores de ‘A Lei de Santos’ (23.10 h) verán esta noite como o roubo das figuras se converteu nun verdadeiro crebacabezas para o protagonista. Despois do intento errado de venderllas a Clemente, agora, despois da súa morte accidental, a cousa está máis complicada.

Nun primeiro momento, Abel e Peixe deciden desfacerse do corpo, pero Santos, coa mente fría que o caracteriza, pensa que poden darlle a volta á situación e pechar por fin o asunto.

Ao mesmo tempo, Roi segue investigación a desaparición das figuras. Está convencido de que Santos tivo algo que ver. Uxía négase a crer na versión de Roi, pero todo cambia cando Denís aparece morto despois da malleira que lle deu a Constante.

Mentres tanto, Abel cada vez está máis namorado de Áurea e parece que é recíproco. Porén, tanto ela como Abel descoñecen cal é o verdadeiro motivo do Matachín para organizar a voda cos rusos, e comezar unha relación nesas circunstancias pode supoñer un risco moi grande para os dous.