CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O rei do dixomedíxome, Josemi Rodríguez Sieiro, e o humorista Luís Piedrahita chegan esta semana ao 'Land Rober Tunai Show'

22/10/2020

Ademais, volven ao programa (22.15 h) as historias da familia de mariscadores máis disparatada

O rei do dixomedíxome, Josemi Rodríguez Sieiro, e o humorista Luís Piedrahita chegan esta semana ao 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 22.10.2020.-     Este xoves chega a ‘Land Rober Tunai Show’ o home máis crítico, o rei do corazón e do dixomedíxome, Josemi Rodríguez Sieiro. O comunicador non vai deixar cabo solto porque lle van tirar da lingua e facerlle pasar o peor momento da súa vida...  

Ao show unirase o humorista Luís Piedrahita, presentador do novo programa da TVG ‘A Voltas coa Música’, que será posto a proba, xa que o público vén disposto a contar mentiras máis divertidas en ‘Vaia Trola’!

Por se todo isto fose pouco, volven as historias da familia de mariscadores máis disparatada. Ao parecer, Josiño quere ser presidente. O que non está moi claro é de que.