CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O programa 'Pensando en ti' incorpórase ao servizo 'Mira Radio Galega' da CRTVG

19/05/2017

A partir da madrugada do domingo ao luns, o espazo da RG poderase ver en directo a través da web da www.crtvg.gal no seu horario habitual de emisión

O programa 'Pensando en ti' incorpórase ao servizo 'Mira Radio Galega' da CRTVG

Santiago, 19.05.2017.-  'Mira Radio Galega', o servizo dos medios públicos para facer visuais os contidos da emisora, amplía esta madrugada do domingo ao luns a súa emisión co programa 'Pensando en ti' da Radio Galega. A través da web da www.crtvg.gal, tanto na sección de directos da portada como na páxina dedicada á emisora radiofónica, os seguidores deste espazo poderán ver en directo a realización do programa nos estudios de San Marcos. Os ouvintes poden acceder en streaming no horario habitual de emisión, de 2.00 a 6.00 h. da madrugada, de luns a venres.

'Mira Radio Galega' arrancou o pasado mes de marzo co programa 'A Tarde' e ampliou, posteriormente, o seu servizo coa recente incorporación de 'Somos Quen' e 'Galicia en Goles'.


'Pensando en ti', presentado por Marcial Mouzo, é un dos programas radiofónicos máis escoitados na súa faixa horaria en Galicia, definido polo protagonismo absoluto que ten a participación dos oíntes, que comparten en directo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.