CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O programa “Chamando á Terra” da Radio Galega conta hoxe co ilustrador David Pintor, acabado de premiar polo seu caderno de viaxe ‘Venezia’

11/11/2017

O escritor e tradutor Alejandro Tobar achegará dous libros marabillosos: “A obra” e “Os salgueiros”

O programa “Chamando á Terra” da Radio Galega conta hoxe co ilustrador David Pintor, acabado de premiar polo seu caderno de viaxe ‘Venezia’

Santiago, 11.11.2017.-  A presentadora de “Chamando á Terra” (15.00 h.), María Solar, contará este sábado coa presenza do escritor e tradutor Alejandro Tobar, que achegará dúas obras marabillosas publicadas na editorial Hugin e Munin: "A obra" e "Os salgueiros". Pola súa parte, o ilustrador David Pintor, acabado de premiar polo caderno de viaxe “Venezia” no festival Rodari, traerá o libro do forno "As estrambóticas aventuras do barón de Münchausen".

As colaboradoras do programa radiofónico falarán hoxe tamén sobre libros de actualidade. Alba Cid centrarase na poesía de Jesús Castro, en "Ultramarino", e "Nomes de fume", de Miriam Ferradáns; mentres que, Montse Pena Presas aproximarase ao premio Merlín deste ano, "Muriel", de María Canosa, e traerá a primicia do novísimo premio Lazarillo, aínda inédito, pero que ela pode avanzar por ser parte do xurado. O premio Lazarillo recaeu ex aequo en Ledicia Costas e Rafael Salmerón.

No apartado de xente que lle gusta ler, "Chamando á Terra" coñecerá a Teresa González e as lecturas do Comité Lila. E, nos ‘cachiños’ ou fragmentos sonoros do programa, escoitaranse "Os tres mosqueteiros", a adaptación da novela de Alexandre Dumas, en tradución de María Reimóndez, de Baía edicións, e "Un conto enleado", de Lewis Carrol, na tradución de Xosé Díaz Díaz, de Toxosoutos.