CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O programa 'Casamos!' volve hoxe á TVG coa historia de amor de Esther e Samuel

08/07/2019

Tras cinco anos de relación e unha pedida de man ben orixinal, dan un paso máis na súa relación cunha voda íntima e chea de detalles

O programa 'Casamos!' volve hoxe á TVG coa historia de amor de Esther e Samuel

Santiago, 08.07.2019.-    As historias de amor máis románticas volven á Televisión de Galicia cunha nova temporada de “Casamos!” (22.00 h.), o programa que ofrece un retrato coral sobre o universo das vodas en Galicia.

Esther e Samuel, os protagonistas desta noite, estaban preto e lonxe á vez. Os dous traballaban na mesma empresa gasolineira, iso si, un en Raxó e o outro na Pobra do Caramiñal. O destino quixo que se xuntaran para ir a unha reunión en Madrid, á que en principio non estaban convocados.

Axiña conectaron e comezaron a quedar, pero a distancia pesaba moito na súa relación e causaba estragos. Tamara, a filla de Samuel, foi a que primeiro se mudou xunto a Esther, e Samuel non tardou en facer as maletas e unirse á familia.

Agora, tras cinco anos de relación e unha pedida de man ben orixinal, Esther e Samuel deciden dar un paso máis e casar. Farano nunha voda íntima, chea de detalles e rodeados da xente que os quere.