CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O mítico dúo musical Baccara interpretará hoxe en "Bamboleo" os seus grandes éxitos

07/10/2017

O cantante e bailarín Javi Mota e a Orquestra Superfama tamén se subirán ao escenario do programa (22.20 h.) para facer bailar o público

O mítico dúo musical Baccara interpretará hoxe en "Bamboleo" os seus grandes éxitos

Santiago, 07.10.2017.-    “Bamboleo”, o programa da noite dos sábados da Televisión de Galicia, recibe hoxe a visita dun dúo musical mítico, Baccara. Formado en 1977 polas bailarinas españolas Mayte Mateos e María Mendiola, na actualidade, o grupo está composto por Mendiola e Cristina Sevilla. O dúo inicial abriu camiño con temas pop na lingua de Shakespeare como “Yes, sir I can boogie” ou “Sorry I'm a lady”, que tiveron un gran éxito. No programa, esta nova formación interpretará estes temas e un novo, do seu recentemente estreado disco “I Belong to your heart”.

Ademais, o espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro fará bailar os espectadores coas actuacións do cantante e bailarín Javi Mota e a orquestra Superfama.

No escenario tamén estarán Noemí González, interpretando “Hoy quiero confesar”, de Isabel Pantoja, e Aldana Saravia, co tema “Skyfall”, de Adele, competindo na sección “Agora ou Nunca”.

Coma sempre, “Bamboleo” contará coa “ITV do amor”, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas, e en “Dirtidansi” actuarán dúas parellas que bailarán un mix de merengue, bachata e quickstep.