CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O grupo Atacados e a cantante Pili Pampín, convidados este sábado no programa "Bamboleo"

11/11/2017

O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro (22.25 h.) contará durante toda a noite coa amenización da orquestra La Fórmula

O grupo Atacados e a cantante Pili Pampín, convidados este sábado no programa "Bamboleo"

Santiago, 11.11.2017.-  “Bamboleo”, o programa de entretemento da TVG dos sábados á noite, recibirá hoxe a visita de Atacados, banda de pop rock formada en Madrid en 2006. O seu estilo musical fusiona ritmos pop rock, punk californiano e guitarras potentes. Tras alcanzar case un millón de visitas co single “Hasta que salga el sol”, presentan o seu primeiro traballo na escena musical, titulado “No hay relojes si tenemos sueños”.

O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará ademais coas actuacións da cantante Pili Pampín, que interpretará temas tan coñecidos como “Emigrantes galegos” e “O Galo”, e da orquestra La Fórmula.

No escenario tamén estarán José Raúl Martínez, interpretando “Tu nombre es Anita”, de Manolo Escobar, e Montse Diéguez, co tema “Como yo te amo”, de Rocío Jurado, competindo ambos os dous na sección “Agora ou Nunca”.

Coma sempre, “Bamboleo” contará tamén coas seccións “ITV do amor”, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; “A Jrileira”, onde Cristina, de Valga, e Luís, de Sada, se enfrontarán ao karaoke cantando “No soy un Superman”, de David Bustamante, e “Dirtidansi”, en que parellas de distintas xeracións bailarán hoxe samba, mambo, rumba e bolero.