CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

“O Gato con Botas” conversa hoxe co monfortino Dani de la Torre, director de “O Descoñecido”

17/04/2018

O espazo dará a coñecer máis polo miúdo este home que amosa que o cine de acción non está reservado exclusivamente a Hollywood

“O Gato con Botas” conversa hoxe co monfortino Dani de la Torre, director de “O Descoñecido”

Santiago, 17.04.2018.-   “O Gato con Botas” (23.45 h.) queda hoxe en Compostela para coñecer de preto un dos directores de cine españois máis vistos dos últimos anos e referente estatal do cinema de acción: Dani de la Torre.

Malia o seu salto á fama, Dani é un tipo sinxelo, un tipo humilde. Embaixador do seu Monforte natal, o seu nome non é descoñecido na carteleira española e faise oco na internacional.

Dani de La Torre segue a ter calafríos cando ve unha alfombra vermella. Un home de cine, un home de ficción, cun gran sentido da realidade, un home que amosa que o cine de acción non está reservado exclusivamente a Hollywood.