CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O ‘Galicia en goles’ da Radio Galega ofrece este Xoves Santo unha edición especial co mellor da segunda B

16/04/2019

O Pontevedra-Rápido de Bouzas tamén será transmitido en directo pola tvG2

O ‘Galicia en goles’ da Radio Galega ofrece este Xoves Santo unha edición especial co mellor da segunda B

Santiago, 16.04.2019.-  O deporte non para pola Semana Santa. Este Xoves Santo, desde as cinco da tarde, Toni López García dirixe unha edición especial do ‘Galicia en goles’, que narrará o derbi galego da segunda B entre o Pontevedra e o Rápido de Bouzas, ademais da xornada 33 na Terceira Galega.  O partido tamén se poderá  ver en directo na tvG2, cos comentarios dende o estadio de Pasarón de Gustavo Varela e Milucho. Tras os resultados da pasada fin de semana, o Pontevedra afronta este encontro na cuarta praza, que conduce á fase de ascenso á segunda división A, mentres o conxunto vigués reduciu a só tres puntos a diferenza coa zona de permanencia.

Na terceira adiántanse a este día festivo ata nove encontros, coincidindo oito deles na faixa horaria do ‘Galicia en goles’. Destaca o derbi do Couto entre o Club Deportivo Ourense e o Centro de Deportes Barco, separados por tres puntos na clasificación. En semellantes circunstancias vanse enfrontar o Arousa e o Choco na Lomba, xa que os dous conxuntos están parellos e teñen o mesmo obxectivo, alcanzar a cuarta praza que dá dereito a disputar as eliminatorias de ascenso.

O segundo clasificado, o Bergantiños, recibe en Carballo o Porriño, virtualmente descendido, mentres o Compostela, que é terceiro, xoga no Vero Boquete ante o Arenteiro do Carballiño. Outra das citas atractivas é o derbi local entre o Paiosaco e o Laracha, que pertencen ao mesmo concello.

A partir das 23.00 horas, os oíntes poderán escoitar todos os protagonistas deste xoves futbolístico nunha nova  edición do espazo ‘Ao contraataque’.