CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O futbolista Iago Aspas e a orquestra El Combo Dominicano abren unha frenética temporada de 'Land Rober Tunai Show'

12/09/2019

Un dos momentos máis agardados desta primeira entrega (22.15 h.) será a volta de Eva Iglesias tras a súa maternidade

O futbolista Iago Aspas e a orquestra El Combo Dominicano abren unha frenética temporada de 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 12.09.2019.-   Despois das súas merecidas vacacións de verán, 'Land Rober Tunai Show' arranca nova temporada con moito swing. O capitán do Celta de Vigo, Iago Aspas, será o convidado protagonista nunha noite en que os espectadores o verán en acción xunto coa orquestra que encheu canto campo de festa hai durante todo o verán: El Combo Dominicano.

O Príncipe das Bateas enfrontarase ao reto de pintar a mona no 'Land Rober' con variedade de toleadas e caras máis que coñecidas! Por se fora pouco, o programa contará hoxe coa participación do imitador Raúl Pérez. Que sairá desta xuntanza?

Pero, sen dúbida, un dos momentos máis agardados desta primeira entrega será a volta de Eva Iglesias tras a súa maternidade. O equipo quere darlle unha benvida ben emotiva que deixará máis dun coa boca aberta. Ademais, en Casa Dosinda hai novidades e novos clientes dos arrabaldes. Canarios, dominicanos... non se sabe moi ben.

Ao show desta noite unirase o actor e humorista David Perdomo e o espazo da TVG tamén contará coa actuación da banda viguesa Broken Peach, que lle porá música e voz á cabeceira do programa.

**Foto de Miguel Lamas