CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O filme 'Sicixia', participado pola TVG, recibiu o premio á mellor cinta estranxeira no festival WorldFest de Houston

02/05/2017

A película dirixida por Ignacio Vilar competía con máis dunha trintena de producións de todo o mundo

O filme 'Sicixia', participado pola TVG, recibiu o premio á mellor cinta estranxeira no festival WorldFest de Houston

Santiago, 02.05.2017.-  A longametraxe participada pola Televisión de Galicia 'Sicixia' foi recoñecida como a mellor película estranxeira no WorldFest de Houston, un dos festivais de cine independente máis prestixiosos do mundo.  O director da cinta, Ignacio Vilar, recolleu o premio Platinum Remi Award, ao que optaban máis dunha trintena de producións de todo o mundo, na gala de entrega dos galardóns na madrugada do luns.

A película, a medio camiño entre a ficción e o documental, conta a historia de amor entre unha muller da Costa da Morte, onde foi rodada, e un técnico que se achega ao lugar para gravar sons.

O galardón supón un novo recoñecemento internacional para o filme, xa que  Marta Lado, coprotagonista do filme canda Monti Castiñeiras, recibiu en setembro o premio mellor interpretación feminina no Festival Cinespaña de Toulouse.