CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O fantástico Pepe Viyuela acode ao 'Land Rober Tunai Show' este xoves disposto a armala ben grande

13/02/2020

Os espectadores escacharán de novo coa risa cunhas novas edicións do "Quen vés sendo?" e co reto xeracional dos Xubilados VS Millennials

O fantástico Pepe Viyuela acode ao 'Land Rober Tunai Show' este xoves disposto a armala ben grande

Santiago, 13.02.2020.-   Este xoves visitará o Land Rober Tunai Show (22:15 h) un cómico de arriba a abaixo. O fantástico Pepe Viyuela acode a pintar a mona e algo máis. Os espectadores poden estar preparados para escachar coa risa, porque hoxe o humorista vaina armar! E como a actualidade manda, esta noite coñecerase o que pasou no roubo dos chuchadores de clítoris. Da realidade á ficción!

Nesta ocasión, o espazo que presenta Roberto Vilar terá, ademais, unha nova entrega do "Quen vés sendo?", co seu ovo cru con vinagre preparado. Que historia agochará a señora que visita esta noite o programa?

Por se fose pouco, nesta edición volve o reto polo liderado que une a grandes e pequenos: o Xubilados VS Millennials. E non faltarán as intervencións artísticas de dous mestres da comedia, David Perdomo e Eva Iglesias.