CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O Estudo Xeral de Medios sinala que a TVG foi a canle máis vista en Galicia no último ano

19/04/2017

A canle pública alcanzou unha cota de pantalla do 15 por cento segundo os datos correspondentes ao ano móbil da primeira onda de 2017

Santiago, 19.04.2017.-   No último ano, a TVG liderou a audiencia en Galicia cunha cota de pantalla diaria do 15 por cento. Os datos correspondentes ao ano móbil da primeira onda do Estudo Xeral de Medios, de abril de 2016 e este mes de marzo,  sitúan a canle pública como a máis vista na comunidade cunha marxe de máis dun punto sobre Antena 3. Os luns son os días con maior share cunha media do 17 por cento, seguidos dos da fin de semana en que se supera a cota do 15 por cento.

No período de referencia deste primeira onda do informe, elaborado polo sistema de enquisa,  a Televisión de Galicia alcanzou unha cota de pantalla diaria do 14, 6 por cento, e confirmouse como a referencia informativa para as galegas e galegos. Na faixa horaria da sobremesa, en que se emiten 'A Revista', 'Galicia Noticias' e o 'Telexornal Mediodía',  a televisión autonómica  obtivo unha cota de pantalla do 25, 8 por cento, máis de sete puntos por riba de calquera outra canle.  

Os espectadores tamén apoian especialmente a programación emitida de venres a luns na franxa de noite con cifras por riba da media diaria. Os sábados, día de emisión de 'Bamboleo', a audiencia alcanza o 17,9 por cento.