CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O espazo 'Galicia Bonita' faralle fronte esta semana á reforma dun depósito comunal de Guitiriz

17/02/2020

Problemas coa subministración da auga e a falta de entendemento dos propietarios levarán o equipo de reformas da TVG a tomar unha decisión sen precedentes

O espazo 'Galicia Bonita' faralle fronte esta semana á reforma dun depósito comunal de Guitiriz

Santiago, 17.02.2020.-    Na entrega desta noite de ‘Galicia Bonita’ (22.30 h), que cada semana loita contra o feísmo polas vilas e aldeas galegas, a arquitecta Rosa Facal e os seus axudantes, Laira, Javier e Carlos, deberán lidar cunha comunidade ben peculiar.

Liderados por Plácido e Emilia, os veciños de Guitiriz, entre os que se atopa o cura da parroquia, chamarán a arquitecta para que lle faga fronte á reforma dun depósito comunal. Problemas coa subministración da auga e a falta de entendemento dos propietarios levarán o equipo de ‘Galicia Bonita’ a tomar unha decisión sen precedentes.