CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O escultor cambadés Manolo Paz será protagonista en "O Gato con Botas"

13/03/2018

Abriralle ao programa (00.00 h.) abrirá as portas da súa Fundación, que acolle unha das máis importantes coleccións de arte contemporánea dun artista galego

O escultor cambadés Manolo Paz será protagonista en "O Gato con Botas"

Santiago, 13.03.2018.-    O programa de entrevistas da TVG “O Gato con Botas” terá hoxe coma convidado a Manolo Paz, artista galego de fama internacional. Manuel Manquiña e o seu equipo desprázanse hoxe ata Cambados para falar co escultor.

Manolo Paz estaba predestinado a seguir a estela familiar e dedicarse ao campo e á carnicería. Porén, decidiu dar un xiro á súa vida e optar pola escultura. Sen posibilidades de adquirir materiais caros para a talla, decidiuse pola pedra autóctona, que se converteu sen dúbida no seu sinal de identidade.

Durante unha década foi profesor da Escola de Canteiros de Poio e a sona chegoulle anos despois polos seus monumentos megalíticos. O escultor cambadés é hoxe unha referencia internacional con obra exposta en Europa, nos Estados Unidos ou no Xapón.

Manolo Paz abrirá as portas da súa Fundación, situada na desembocadura do río Umia, un proxecto compartido coa súa dona e que acolle unha das máis importantes coleccións de arte contemporánea dun artista galego. Falará con Manquiña dos seus proxectos de presente e futuro e das anécdotas máis destacadas da súa vida.