CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O elenco de 'Malo será!', acompañado de Farruco, ofrece o seu espectáculo desde o Auditorio de Galicia, en Santiago

17/04/2019

Entre outras historias, os espectadores serán testemuñas dun embarazo histórico e dun frechazo de película nun bar

O elenco de 'Malo será!', acompañado de Farruco, ofrece o seu espectáculo desde o Auditorio de Galicia, en Santiago

Santiago, 17.04.2019.-      O Auditorio de Galicia, en Santiago, será esta semana o escenario de 'Malo será!' (22.20 h.), o programa itinerante da Televisión de Galicia que achega a televisión aos teatros de todo o país. Serán, coma sempre, dúas horas de humor cos mellores cómicos da escena galega como protagonistas, aos que se unirá como convidado especial o gran Farruco, o primeiro contacontos do noso país e un dos homes máis queridos en Galicia.

Os espectadores serán testemuñas esta noite dun embarazo histórico e dun frechazo de película nun bar. Asistirán, ademais, a unha clase de baile con Ermitas e Ovidio e acompañarán as Corazón Girls ao banco.

Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Marita Martínez, Oswaldo Digón, Susana Sampedro, Sabela Hermida e Xosé Luís Bernal ‘Farruco’ serán os actores e actrices cos que gozará o público de Santiago.