CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O dúo K-Narias e a cantante Lys Pardo animarán esta noite de sábado no 'Bamboleo'

30/11/2019

O programa presentado por Lucía Regueiro (22.05 h) tamén ofrecerá a actuación da orquestra Fania Blanco Show

O dúo K-Narias e a cantante Lys Pardo animarán esta noite de sábado no 'Bamboleo'

Santiago, 30.11.2019.-    ‘Bamboleo’, o programa de entretemento dos sábados á noite na TVG, recibirá hoxe a visita do dúo feminino de reguetón K-Narias. Tras éxitos coma ‘No te vistas que no vas’ e ‘Indiferencia’, as xemelgas volven máis fortes ca nunca co seu novo sinxelo, ‘Tu novio y el mío’. Con cinco producións no mercado ás súas costas, o seu último traballo conseguiu ser disco de ouro. Sempre comprometidas e concienciadas coa sociedade, están moi sensibilizadas e implicadas na defensa e o empoderamento da muller, que tratan de incorporar en todos os seus temas.

O espazo presentado por Lucía Regueiro contará, ademais, coas actuacións da orquestra Fania Blanco Show e de Lys Pardo, filla do cantante Juan Pardo, que segue os pasos do seu pai no mundo da música e que esta noite fará gozar os espectadores interpretando os temas ‘A mis dos niñas’ e ‘Siete mares’.

No escenario tamén estarán Rosa Oubiña, interpretando ‘Por las calles del viejo París’, de Solara, e Adrián Bahía, co tema ‘La casa por el tejado’, de Fito y Fitipaldis, ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca’.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá tamén as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, onde Josefa e Manel se enfrontarán ao karaoke cantando ‘Nada de ná’, de Café Quijano, e ‘Dirtidansi’, en que esta noite se bailarán os estilos musicais chachachá, jive, samba, pasodobre e rumba.