CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, toma posesión como novo presidente de FORTA

09/07/2015

A Xunta Xeral desta federación, da que forman parte a TVG e a RG, felicitou ao presidente saínte, Ángel Martín Vizcaíno, e expresou a súa vontade de manter e reforzar a cooperación entre as radios e as televisións autonómicas 

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, toma posesión como novo presidente de FORTA

Santiago, 09.07.2015.- O director xeral da Compañía de Radio e Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, tomou hoxe posesión da Presidencia da Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicas, FORTA, entidade da que forma parte o ente público galego, no transcurso da reunión da súa Xunta Xeral. 

Tanto Sánchez Izquierdo coma a Xunta Xeral da federación expresaron a súa vontade de manter e reforzar a unidade de acción e a cooperación entre as radios e televisións autonómicas, en liña cos obxectivos fundacionais de FORTA.

Ao mesmo tempo, a Xunta Xeral acordou por unanimidade felicitar o presidente saínte, Ángel Martín Vizcaíno, director xeral do ente público de Radio Televisión Madrid, pola xestión desenvolvida nos seis meses do seu mandato estatutario. Esta xestión, indicou FORTA, caracterizouse pola entrega e capacidade que demostrou na defensa dos intereses da federación e na potenciación do organismo dentro do panorama audiovisual español.