CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O Deportivo e o Corinthians mídense este xoves, en directo, nos medios públicos galegos por unha boa causa

05/10/2017

A recadación deste partido, que clausura a 19 edición do Torneo Victoria Memorial Moncho Rivera, irá destinada integramente a entidades de axuda social

O Deportivo e o Corinthians mídense este xoves, en directo, nos medios públicos galegos por unha boa causa

Santiago, 05.10.2017.-  Os espectadores dos medios públicos galegos serán este xoves testemuñas do partido histórico, con fins solidarios, que enfrontará o Deportivo co Corinthians, como representante do mellor fútbol brasileiro. O encontro, a partir das 20.00 horas e desde o estadio de Riazor, supón a clausura por todo o alto da 19 edición do Torneo Victoria Memorial Moncho Rivera.

O Corinthians, con sede en São Paulo, é o líder da primeira división de fútbol do Brasil, sendo un dos clubs máis laureados en Latinoamérica. O partido, ademais de ser unha oportunidade única de gozar do mellor fútbol, contribúe con unha importante causa benéfica. A recadación íntegra das entradas irá destinada á Cociña Económica e ao Banco de Alimentos da Coruña.

Gustavo Varela e Luis Timiraos serán os encargados de narrar este partido para a tvG2 e a web da CRTVG. Na Radio Galega ofrecerase o encontro no tempo do "Galicia en Goles". O Memorial está organizado polo Victoria C.F., conta co apoio da Corporación Hijos de Rivera e rende homenaxe á figura de Ramón Rivera.