CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O concerto de Pablo Castaño Quartet, a través do Facebook da Radio Galega, alcanza os 5.000 seguidores

11/06/2019

O programa Notas de jazz de Radio Galega Música ofrecerá, proximamente, un novo recital con Carlos Barruso desde o Jazz Filloa da Coruña

O concerto de Pablo Castaño Quartet, a través do Facebook da Radio Galega, alcanza os 5.000 seguidores

Santiago, 11.06.2019.-  Seguimento destacado, por parte dos usuarios do Facebook da RG, dun novo concerto en salas emitido polo programa Notas de jazz de Radio Galega Música. O concerto que Pablo Castaño Quartet ofreceu no Teatro Principal de Santiago de Compostela, alcanzou 5.000 persoas e obtivo 650 interaccións.

O artista, un dos grandes nomes do jazz en Galicia, cunha traxectoria de máis de 20 discos, presentou a través do Facebook Live da emisora pública galega o seu novo disco A-la-láa, que conta coa colaboración de Ugia Pedreira e que toma como punto de partida os cantos libres da música tradicional galega.

O seguinte recital que o programa que dirixe Xabier Facal emitirá proximamente por Facebook Live será o de Carlos Barruso desde o Jazz Filloa da Coruña. Radio Galega Música quere, deste xeito, establecer novas relacións coa audiencia aproveitando as posibilidades que permiten as ferramentas dixitais para achegar os sons galegos e os distintos xéneros musicais ao público máis novo. O concerto de Pablo Castaño Quartet está dispoñible na web da CRTVG.