CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O concerto de Carlos Barruso, emitido no Facebook da Radio Galega, alcanza os 6.400 seguidores

05/07/2019

O programa 'Notas de jazz', de Radio Galega Música, ofrecerá o próximo mércores a presentación do disco de Pablo Sanmamed Trío en Compostela

O concerto de Carlos Barruso, emitido no Facebook da Radio Galega, alcanza os 6.400 seguidores

Santiago, 05.07.2019.-  Crece a audiencia dos usuarios do Facebook da Radio Galega en cada emisión dun novo concerto en salas por parte do programa 'Notas de jazz', de Radio Galega Música. Nesta ocasión, foi o saxofonista galego Carlos Barruso o músico que acadou o maior apoio ao alcanzar un seguimento de 6.400 persoas e obter máis de 2.000 interaccións. Barruso ofreceu o seu espectáculo 'Fin de vida', unha variada proposta de jazz, blues e funky, desde o Filloa Jazz da Coruña.

O seguinte recital, que o programa que dirixe Xabier Facal emitirá por Facebook Live, será o próximo mércores 10 de xullo, ás 22.00 horas, con Pablo Sanmamed Trío. A emisora pública ofrecerá o concerto co que o contrabaixista galego presentou o seu disco de estrea '16/04', no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Radio Galega Música quere, deste xeito, establecer novas relacións coa audiencia aproveitando as posibilidades que permiten as ferramentas dixitais para achegar os sons galegos e os distintos xéneros musicais ao público máis novo.