CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O cociñeiro Carlos Parra preparará tapenade e solombos de porco con recheo de ameixas pasas para os 'Larpeiros'

14/11/2017

A festa vai ser completa co biscoito de olivas co que Merchi e Lola agasallarán os seus compañeiros (22.20 h.)

O cociñeiro Carlos Parra preparará tapenade e solombos de porco con recheo de ameixas pasas para os 'Larpeiros'

Santiago, 14.11.2017.-    Hoxe o programa 'Larpeiros' da Televisión de Galicia recibirá a visita do cociñeiro Carlos Parra, que preparará tapenade, unha pasta de olivas negras que queda moi rica untada no pan. Este prato inspira a Merchi, que recorda unha receita dun biscoito salgado, feito con olivas e con xamón. Parra tamén se encargará do xantar e preparará uns solombos de porco cun recheo de ameixas pasas.

Ademais, Adrián, o "larpeiro" máis viaxeiro, ira voando ata Cuntis. Alí, da man de Iñaki, descubrirá como se elabora un queixo ben curioso feito con olivas. E, de volta na casa, a festa vai ser completa co biscoito de olivas co que Merchi e Lola agasallarán os seus compañeiros.