CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O cociñeiro Adrián Felípez visita hoxe o 'Larpeiros Social Club', onde preparará unhas perdices á cazadora

24/03/2020

O menú desta semana completarase cunha minestra de verduras e unha torta de plátano con chocolate e caramelo (22.30 h)

O cociñeiro Adrián Felípez visita hoxe o 'Larpeiros Social Club', onde preparará unhas perdices á cazadora

Santiago, 24.03.2020.-    Na xuntanza deste martes no ‘Larpeiros Social Club’ non van faltar receitas, amigos, música e moita festa. Todos ansían hoxe a chegada de Adrián, que anunciou desde ben cedo que tiña pensado ‘cazar’ algo para facer a comida. Con esta promesa no aire, os que agardan no club fan os seus propios plans.

Benigno será o encargado de facer un primeiro prato de moito requinte, unha desas receitas sinxelas e cheas de encanto que o fixeron famoso: unha clásica minestra de verduras, rica e saudable.

O cociñeiro convidado, Adrián Felípez, sorprenderá os comensais cunhas perdices á cazadora, con verduras, aromáticos e moita sabedoría. E, de sobremesa, Merchi pensará nunha torta que faga as delicias dos máis pintados: unha torta de plátano con chocolate e crema de caramelo.