CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O caso dos Osorio dá un novo xiro en 'Serramoura' cando Iván denuncia o roubo das xoias familiares

09/06/2019

Coincide no tempo coa desaparición de Peixe, a quen Santos atopa ferido

O caso dos Osorio dá un novo xiro en 'Serramoura' cando Iván denuncia o roubo das xoias familiares

Santiago, 09.06.2019.-   Na entrega desta semana de ‘Serramoura’ (22.25 h.), o caso dos Osorio dará un novo xiro cando Iván denuncia o roubo de parte das xoias familiares e que coincide no tempo coa desaparición de Peixe.

Marga e Roi non tardan en establecer unha relación entre Peixe e o roubo das xoias, pero a investigación cambia cando Santos atopa a Peixe ferido. Sentídose culpable polo seu estado, non dubida en sinalar a Iván como responsable da malleira e comeza a indagar pola súa conta o que pasou coas xoias.
    
Mentres tanto, Luz segue adiante no seu intento por coñecer a historia da nai de Román, pero Evaristo non está disposto a que se remova o pasado e intenta que Luz esqueza o tema por todos os medios.