CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O balonmán encabeza a oferta do 'Galicia en goles' desta fin de semana na Radio Galega

24/01/2020

O sábado, os protagonistas serán os encontros de fútbol, balonmán e fútbol sala masculino e feminino

O domingo, toda a atención estará posta no Celta - Eibar, da Primeira División de fútbol 

O balonmán encabeza a oferta do 'Galicia en goles' desta fin de semana na Radio Galega

Santiago, 24.01.2020.-     O 'Galicia en goles' dedica a edición do venres ao balonmán. Desde as 20.30 horas, Paco Santos conduce a retransmisión do partido da Liga feminina entre o Guardés e o Bera Bera, desde o pavillón da Sangriña. No programa tamén será protagonista a LEB Ouro de baloncesto, con seguimento aos partidos Cáceres - Marín e Castelló - COB Ourense.

O sábado, a partir das 15.00 h, Xoán Galán reparte xogo na liga de fútbol, con atención especial ao Huesca - Lugo, desde o Alcoraz. Na Segunda B destaca o Celta B - Las Rozas, en Barreiro. No polideportivo, o fútbol sala terá presenza coas ligas de Primeira e Segunda nas categorías masculina e feminina, ademais do balonmán masculino na división de prata e o baloncesto feminino en Lugo, co Ensino - Guipúzkoa.

Xa o domingo, a edición matinal das 12.00 horas contará o Sporting B - Pontevedra, de Segunda B; o Pontellas - Polvorín, de Terceir,; e o derbi de balonmán masculino entre o Cisne de Pontevedra e o Novás do Rosal. A partir das 13.45 h, toda a atención pasará polo fútbol de Primeira desde Balaídos co Celta - Eibar. En canto remate, comezará na Segunda o Albacete - Deportivo. O Racing - Coruxo, de Segunda B, a xornada de Terceira e os partidos de baloncesto Obradoiro - Valencia e Basket Coruña - Guipúzkoa completan a oferta da tarde. En canto remate o encontro do Sar, principiará o tempo de opinión dos expertos no 'Faladoiro', que continuará ás 23.00 h no ‘Contraataque’, as dúas emisións tamén en streaming no 'Mira RG' a través da web radiogalega.gal e os dispositivos móbiles.

Polo demais, o deporte da fin de semana terá presenza o sábado ás 13.00 h no ‘Convivir Deportivo’. Alfonso Pardo visita á Sociedade Deportiva Paradela. Desde a súa sede entrevistará a Diego López, o gardameta galego do Español de Barcelona. Ás 23.00 h, Rodrigo Pérez conduce a revista do motor 'Gas a fondo', mentres ás 23.30 h Toni López completa a xornada deportiva entrevistando no 'Galicia en Toquio' a Víctor Castro, de halterofilia, e Xosé Cuba, deportista de loita.