CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O autobús de "Gastrópodos" chega esta semana ao Cantón Grande da Coruña

11/11/2017

A compra do programa (19.15 h.) realizarase na céntrica praza de Lugo e no mercado de San Agustín e os equipos contarán coa axuda na cociña dos alumnos da escola de hostalería CIFP Compostela

O autobús de "Gastrópodos" chega esta semana ao Cantón Grande da Coruña

Santiago, 11.11.2017.- A escala desta semana do espazo “Gastrópodos” será na cidade da Coruña. O autobús do programa fai parada no Cantón Grande da cidade herculina. Desde alí, os dous equipos de cociña do programa, integrados por Beatriz Sotelo e Antonio Botana, como cociñeiros, e Marta Doviro e Antón Lezcano, na tarefa de presentadores, desvelarán cal é o produto sorpresa co que terán que realizar cada unha das súas receitas.

A compra do programa realizarase na céntrica praza de Lugo. O programa tamén presentará outro dos nove mercados municipais da cidade da Coruña: o de San Agustín. De volta ao autobús, os cociñeiros presentarán as súas receitas e coñecerán os seus pinches de cociña, que desta volta foron seleccionados na escola de hostalería CIFP Compostela, que este ano cumpre o seu 50 aniversario. Os seleccionados no casting realizado foron Yanilsa Gil, de Ordes, e Alfredo Beirás, de Santiago de Compostela.

Finalmente, o xurado popular escollido para decidir cal dos dous equipos será o gañador foi a Asociación Cultural Manicómicos.