CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O actor Miguel Ángel Muñoz revolucionará este xoves o estudio do 'Land Rober Tunai Show'

13/01/2022

O programa presentado por Roberto Vilar arranca o ano con novos propósitos para este 2022

O actor Miguel Ángel Muñoz revolucionará este xoves o estudio do 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 13.01.2022.-     O programa Land Rober Tunai Show (21:55 h) arranca o ano coa visita do actor Miguel Ángel Muñoz, que vai contar algo máis sobre o seu documental 100 días con la Tata, pero tamén será posto a proba nunha entrega especial do Pasa para a casa, edición "avoas molonas".

Seguindo o dito de “ano novo, vida nova”, o espazo presentado por Roberto Vilar non vai esquecer facer fincapé nos propósitos para este 2022. Así, o alcalde de Pazos irá ás Mañás de Marilú presentar un torneo de tenis que contará coa presenza de Novak Djokovic.

Ademais, os espectadores descubrirán esta noite que un rei mago quedou perdido en Casa Dosinda. O público tamén será o protagonista en Vexo voces. Quen cantará de verdade?