CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O actor e cantante Fran Perea acode esta noite a pintar a mona ao 'Land Rober Tunai Show'

12/05/2022

Comprobará o talento que hai en Galicia en "Dando a nota" e, ademais, volve o xogo máis perigoso do programa, o "Mira quen chama"

O actor e cantante Fran Perea acode esta noite a pintar a mona ao 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 12.05.2022.-    O Land Rober Tunai Show (22:00 h) ponse hoxe nostálxico coa visita dun artista moi querido: o actor e cantante Fran Perea, que se deu a coñecer nunha das series de máis éxito dos anos 2000 e que esta noite vai comprobar o talento que hai en Galicia en "Dando a nota", onde non faltará o ritmo de orquestra.

Ademais, volve o xogo máis perigoso do programa, o "Mira quen chama". Teléfonos sobre a mesa e conta, porque calquera pode chamar a Víctor Fábregas, Miguel Canalejo, Eva Iglesias e Roberto Vilar.

Por se fose pouco, os integrantes de Protección Civil veñen cunha nova misión, e a alcaldesa de Traspazos terá esta semana un bo apuro.