CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O actor e cantante El Langui e o chef André Arzúa non saben o que os espera hoxe no 'Land Rober Tunai Show'

05/10/2017

O programa presentado por Roberto Vilar recupera a súa sección 'Quen vés sendo' e 'Os Gorrillas' seguirán divertindo os espectadores do estudio e da casa

 

O actor e cantante El Langui e o chef André Arzúa non saben o que os espera hoxe no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 05.10.2017.- Un xoves máis, volve a troula á Galega. Cantante, actor de cine e televisión, presentador de radio… Todo iso está no currículo do convidado desta noite de 'Land Rober Tunai Show' (22.05 h.). Juan Manuel Montilla “El Langui” estará pintando a mona con Roberto Vilar para diversión sen igual dos espectadores do estudio e da casa.

Por outro lado, o programa ten hoxe máis boas novas para os seus incondicionais, xa que volve o 'Quen vés sendo?'. Nesta ocasión será o chef André Arzúa, do espazo da TVG 'A Cociña de André', o que veña poñer a proba a súa perspicacia para non acabar comendo o temido ovo con vinagre.

Como ninguén puido evitalo, tamén van estar unha noite máis os “Gorrillas” dando a lata. Todo isto, como non pode ser doutro xeito, na compaña de Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias.