CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Nova edición de “Land Rober Holidays Show” esta noite na TVG

14/06/2018

Ofrecerá as mellores aventuras dos “Xubilados” e dos “Gorrillas” e contará coa presenza de Elena Furiase e Carlos Roma

Nova edición de “Land Rober Holidays Show” esta noite na TVG

Santiago, 14.06.2018.- O programa “Land Rober Tunai Show” (22.30 h.) segue aberto por vacacións e, un xoves máis, ofreceralles aos espectadores o mellor humor da man de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán.

Nesta ocasión, os “Xubilados” celebrarán o Nadal, os “Gorrillas” farán das súas, Kim Yong Un ligará con Elena Furiase, o hiperactivo Carlos Roma estará en “Radio Rober” e a audiencia vivirá unha noite de paixón en “Espérame no ceo”.