CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Noite de festa e diversión no 'Bamboleo', coas actuacións de Omar Montes e a orquestra Los Satélites

09/01/2021

Gozarase tamén coas intervencións de Mari Costa e dos colaboradores habituais do programa: Tamara Pérez, Damián Cortés, Claudio Pan e Javi Varela

Noite de festa e diversión no 'Bamboleo', coas actuacións de Omar Montes e a orquestra Los Satélites

Santiago, 09.01.2021.-  Xosé M. Piñeiro e o equipo do ‘Bamboleo’ (22.00 h) chegan este sábado á súa cita cos espectadores da TVG coas enerxías repletas para ofrecer un programa cheo de festa e diversión. Uns dos momentos estelares da noite viviranse grazas ás actuacións de Omar Montes, cantante que ten 3,5 millóns de oíntes ao mes en Spotify e está triunfando no mundo da música entre a xente nova coas súas propostas de rap, trap e reggaeton. 

O artista de Pan Bendito non só interpretará éxitos como 'Alocao' ou 'Morena', Omar Montes chega a 'Bamboleo' disposto a participar nos xogos que lle proporán Claudio Pan e Tamara Pérez, os colaboradores do programa. Por suposto, comentará o seu ascenso meteórico no mundo discográfico e televisivo e non faltarán as sorpresas, algunha delas en forma de interesante colaboración.

A cantante ourensá Mari Costas presentará o seu segundo traballo en solitario 'Agradecida', do que esta noite interpretará 'Ese ollos de soñador'. Despois de formar parte dalgunhas das mellores orquestras galegas, Mari triunfa agora como solista, unha carreira en que xa recolleu importantes premios.

A emblemática orquestra Los Satélites traerá a verbena galega ao escenario do 'Bamboleo' presentando novos temas, e no ‘Dirtidansi’ veranse dúas sorprendentes exhibicións de jive e chachachá a cargo dos campións galegos Carlos Casal e Marta Castaño.

Noelia Rial e Yago Martínez serán os protagonistas da sección do 'Agora ou Nunca'. Os dous amosarán os seus dotes para a canción entoando unha versión de ‘El sol no regresa’ de La 5ª Estación e ‘Por fin’ de Pablo Alborán.

No karaoke de ‘A Jrileira’ participarán Tere, do Club de Balonmán Poio Artai, e Gonzalo, do club DH Galicia de Sarria, co tema 'Si tú la quieres', de David Bisbal e Aitana. A continuación, faranse acompañar polos seus compañeiros para adiviñar intérpretes e facerse co premio.

Tamén hai premio na ‘ITV do Amor’, que pode ser para un concursante do público se adiviña quen é realmente a parella de Mara. Seguro que concursantes e colaboradores botan unhas risas coas respostas dos participantes e máis estando Isi polo medio.