CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

No especial 'Land Rober: Xubilados por Galicia', tres parellas contarán como é a súa vida despois de retirarse

18/04/2019

Os seus testemuños irán acompañados dos mellores sketchs do matrimonio máis divertido do programa: Concha e Manolo (22.00 h.)

No especial 'Land Rober: Xubilados por Galicia', tres parellas contarán como é a súa vida despois de retirarse

Santiago, 18.04.2019.-      A Televisión de Galicia emite programa especial ‘Land Rober: Xubilados por Galicia’, en que as cámaras percorrerán toda a comunidade na busca de parellas de xubilados que conten como é a súa vida despois de retirarse. Todo isto, acompañado dos sketchs máis divertidos da parella máis simpática do programa: Concha e Manolo.

Neste programa especial, os espectadores coñecerán a Carmen e a José, unha parella de Campo Lameiro (Pontevedra) con moi bo humor; a Fina e a Enrique, que viven en San Benito, unha parroquia de Cortegada de Baños (Ourense), e a Luísa e a Moncho, que residen en Cercio (Lalín). Eles serán os encargados de contar todo o que fan no seu tempo libre. Viaxarán tanto como Concha e Manolo? Como serán as súas xornadas de balneario? Gustaranlles máis verbenas, as discotecas ou mesmo os festivais?

A través dos seus testemuños, introduciranse as situacións máis cómicas dos xubilados de ‘Land Rober’: a súa viaxe en tren, a viaxe de Semana Santa a un spa con algunha sorpresiña, a celebración das vodas de ouro de Concha e Manolo ou como se desenvolve esta parella nunha discoteca ou nun festival de heavy metal.