CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Natalia e Fredi Leis traen a 'Bamboleo' esta noite os seus ritmos bailables e sensuais

07/09/2019

A orquestra Los Trovadores ofrecerá tamén os seus sons máis actuais (22.00 h.)

Natalia e Fredi Leis traen a 'Bamboleo' esta noite os seus ritmos bailables e sensuais

Santiago, 07.09.2019.- O programa de entretemento máis agardado da noite do sábado, o'Bamboleo', volve esta semana repleto de contidos divertidos, de baile e música, presentado pola versátil Lucía Regueiro. Nesta edición, aos espectadores custaralles non bailar aos ritmos  de artistas destacados como Natalia e Fredi Leis e dos tamén sons actuais da orquestra Los Trovadores, formación coruñesa que contou nos seus inicios como voz co lendario Pucho Boedo.

Natalia, a que fora a benxamina da primeira edición do concurso televisivo OT, regresa á TVG para interpretar os seus últimos éxitos, 'Un poco de mi' e 'De nada'. Pola súa parte, o cantautor compostelán Fredi Leis, unha das promesas da canción pop e actual, ofrecerá dous dos seus temas máis aplaudidos, 'Santiago DC', canción en que describe con emoción a súa cidade natal, e o recente 'La Faraona', o sinxelo máis bailable e sensual deste músico e intérprete.  

Nas seccións habituais do programa, 'Agora ou nunca' amosaranse as calidades artísticas de Raquel Fontán, co tema 'Every breath you take', de Police; e de Luis Bermo, que interpretará 'Galicia, terra nosa', de Los Tamara. Ademais, na 'ITV do amor', o público terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; en 'A jrileira' dous novos aspirantes competirán cantando no karaoke 'Hay que venir al sur', de Rafaella Carrá; en 'Dirtidansi', a parella formada por David e Diana bailarán temas de jive e chachachá e, finalmente, algún convidado especial xogará nunha nova edición de 'Sobes ou baixas'.