CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Nas ribeiras do Navia, 'Cos Pés na Terra' coñecerá o proxecto de alimentación ecolóxica de Luz e Dora

11/01/2021

O programa (22.25 h) tamén ten unha cita coas rubias galegas que cría Ángel e acompañará a Aarón na súa loita contra a vespa asiática

Nas ribeiras do Navia, 'Cos Pés na Terra' coñecerá o proxecto de alimentación ecolóxica de Luz e Dora

Santiago, 11.01.2021.-   O programa ‘Cos Pés na Terra’ ten hoxe unha cita con moitas rubias galegas,  todas e cantas cría Ángel, gandeiro co que os espectadores van aprender canto temos en común con estas vacas cen por cento galegas.

Os máis larpeiros están de sorte, xa que coñecerán a Aarón, abelleiro afeito a extraer o seu ouro líquido mentres anda inmerso nunha batalla contra a avespa asiática en que non pensa renderse.

O espazo da TVG tamén irá ás ribeiras do Navia, onde o recibirán as mellores anfitrioas, Luz e Dora, que amosarán o seu  proxecto de alimentación ecolóxica, cheo de cousas saborosas e en que colaboran ata os bechiños do lugar.