CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Na mente do asasino' detense esta semana no dobre asasinato de Cervo

12/01/2021

En xaneiro de 2014, o empresario José Ángel Cuadrado matou a súa muller e a súa sogra e emprendeu unha fuxida de máis de 30 horas pola comarca da Mariña

'Na mente do asasino' detense esta semana no dobre asasinato de Cervo

Santiago, 12.1.2021.-   ‘Na Mente do Asasino’ (22.20 h) regresa este martes á programación da TVG para abordar o caso de José Angel Cuadrado, a quen detiveron en xaneiro de 2014 cando ameazaba con tirarse da ponte dos Santos que separa Galicia de Asturias. Foi el quen alertou a Emerxencias do sangue que deixaba detrás. Matara a súa sogra mentres durmía e a súa muller, a quen abordou despois de saír da ducha.

As débedas económicas, con denuncias por falta de pagamentos, estarían detrás da decisión deste empresario lucense, que estivo máis de 30 horas fuxido pola comarca da Mariña. Declarou que intentou suicidarse ata en tres ocasiones: colgándose, tirándose pola xanela dun hotel e lanzándose á ría. O certo é que non chegou a facelo.

Coas intervencións do catedrático de Psicoloxía Criminal Jorge Sobral; do alcalde de Cervo, Alfonso Villares; do forense José Luis Cascallana; do garda civil José Luis Raposo, de Jorge Ramón López, criminalísta, e do psiquiatra Luís Ferrer, ‘Na Mente do Asasino’ afondará no caso e nos detalles dos feitos.