CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Música ao vivo, a aposta do novo programa da tvG2 "Enrede"

18/01/2012

Neste primeiro programa, concerto de Miki Nervio & the bluesmakers

Música ao vivo, a aposta do novo programa da tvG2 "Enrede"

Santiago, 18.01.2012.-  A segunda canle da Televisión de Galicia, a tvG2 estrea esta noite, ás 23.30h, o programa de música “Enrede”, producido por Casa de Tolos. Un espazo onde os protagonistas serán os grupos e as salas pertencentes á Rede Galega de Música ao Vivo.

 Semana a semana, ao longo de 13 programas, o espectador descubrirá en cada recuncho de Galicia os proxectos e grupos musicais galegos que están emerxendo, amais de escoitar e gozar da música en estado puro e nos seus máis variados estilos (pop, blues, folk, rock, jazz...).

Neste primeiro programa viaxarán ata o Forum Celticum de Culleredo para coñecer e gozar coa música en directo de Miki Nervio & the bluesmakers.

O programa “Enrede” está impulsado por Agadic e conta co patrocinio de Estrella Galicia.